Mes de ciencia, mes de escoita

Comeza o mes de novembro e con el a celebración do mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. Todos os anos publícase un manifesto realizado por un científico ou científica da nosa comunidade. O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare.


Na nosa biblioteca unímonos a esta celebración LENDO e ESCOITANDO lecturas sobre ciencia en galego. De novo poñemos a funcionar o Club de Escoita. Desta vez participará todo o centro. Os lectores son alumnos e alumnas de 4º ESO e de PMAR.



Mañá dedicaremos a Hora de Lectura a lembrar a un persoeiro destacado da nosa ciencia: FONTÁN RODRÍGUEZ, matemático que elaborou a Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa realizado con precisión científica en España e o primeiro retrato fiel da nosa terra.


  
 

Comentarios