Primeira xuntanza


Esta semana inauguramos o novo curso do Club de Lectura de adultos. Ramón Nicolás foi o encargado de abrir esta nova tempada lectora.



A lectura é un pretexto para reunirnos para falar de libros, de histora, de emocións, para gozar da presenza dos autores e das súas obras. O lapis da noite moveunos por dentro achegándonos ás vivencias de moitor exiliados e ao seu dobre sufrimento, fuxiron dunha ditadura na súa terra e viviron os espantos doutro réxime non menos cruel en Arxentina.
 
"Que o teu lapis siga contando mil historias. Aquí estaremos para lelas."

 
 Un pracer que volveras á túa casa de novo. 
Dende agora un poqueiño máis preto de nós no Paso das estrelas literarias do IES Valadares.

Comentarios