Youtubers por un día

o alumnado de ITI converteuse en Youtubers neste trimestre. O punto de partida deste proxecto xorde dunha reflexión dobre. Por unha banda, cada vez que o noso alumnado precisa unha explicación acude á Youtube na busca dun vídeo que lle axude a entender ou a facer unha tarefa. Por outra, o alumnado de 1º ESO ten recente das dificultades e os problemas cos que se encontrou ao chegar ao instituto fai uns meses. 


Por iso o produto final do proxecto son vídeos explicativos que amosan que se pode facer no instituto e que servirán para recibir a todo o alumnado novo que veña ao centro. Despois da nosa primeira sesión de reflexión esta foi a nosa ruta con tres paradas claras:

1º Busca de información
  • Elaboración de un guión  provisional. 
  • Acudiuse ás fontes orais: persoal do centro encargado dos diferentes espazos e actividades do centro. Traballouse a entrevista, estrutura e características.
2º Tratamento da información
  • Selección da información pertinente. 
  • Elaboración dun guión para estruturar o texto que se quere crear. 
  • Traballo cos textos instrutivos e explicativos: estrutura e características textuais.
 3ª Xeración de contidos

  • Escritura. Creación textos explicativos ou instrutivos.
  • Gravación e edición do programa.
  • Comunicación. Cada grupo presentará e explicará o vídeo aos seus compañeiros.
 




Todo o seu traballo está recollido no espazo web Laboratorio de información.

Na etiqueta Youtubers por un día podedes ver todas as nosas creacións.

Comentarios