Reunión Club Lendo no Galiñeiro
Esta semana tivemos dúas sesións cos dous grupos de 1º ESO para falar de Mentira de Care Santos.
O libro está a gustar e falamos de Xenia, dos perigos da Internet e sobre todo de lecturas a partir da frase do libro Pensades que un libro pode cambiarvos a vida?
E descubrimos que si, que todos temos moitos títulos que nos axudaron nun momento da vida ao describir exactamente o que pensamos ou sentimos.
A ver se descubrides algúns nesta nube de palabras!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.