Invisible. Cal é o teu superpoder?

Quen non desexou algunha vez ser Invisible

A partir deste libro compartimos as nosas experiencias e, coma o chico invisible da novela, eliximos o noso superpoder. Houbo de todo tipo: poder voar, teletransportarse, falar cos animais...

No que todas estivemos dacordo é en que a novela é moi emotiva e provocounos máis dunha bágoa! Poñerse no lugar do protagonista é moi fácil. Desgraciadamente, falando descubrimos que todas temos algún caso cercano que viviu unha situación parecida. Algo sobre o que reflexionar...



Comentarios