Agasallos

.

Estivemos en Afaga para facerlles entrega dos caderniños sensoriais que lles servirán para traballar os sentidos do tacto e da vista. Preparounos o alumnado de 2º PMAR coa axuda de Aida.



Tamén lles levamos un mapa de Vigo cedido polo Concello, no que situar as rúas do roteiro con nome de muller, creado polo alumnado de 4º ESO A xunto con Virginia.



O grupo de usuarixs de Afaga co que levamos contactando boa parte deste curso terá que localizar o seu enderezo no mesmo mapa usando as casiñas de papel que lles preparou o alumnado de NEES xunto coas súas profes Anxela e María Portal.




Este foi o remate dun proxecto moi especial, que nos deixou momentos inesquecibles e unha reflexión auténtica sobre o que significa coidar e ser coidadxs. 
Grazas a todas as persoas implicadas no proxecto Teño un amigo en Afaga por tanto como nos ofreceu.

 

Comentarios