Ler para compartir


Hoxe reunímonos de novo os integrantes do club de lectura. Nesta sesión anterior ao Nadal xuntámonos para compartir a nosa lectura e deixar pegada na biblioteca. 


Coma no relato Un radiante silencio quixemos agasallar aos usuarios do Sobreiral con poemas, versos... que quedaron agochados nos libros.


 "Durante os días seguintes visitou a libraría cunha emoción secreta que lle custaba traballo manter represada. Non sabía qué, pero agardaba que ocorrese algo: unha nova tarxeta, unha ollada distinta, alguén que se lle achegase a ela con algún pretexto."
Un radiante silencio de Agustín Fernández Paz

Comentarios