Encontro con Ledicia Costas

Remata unha semana chea de encontros e recontros literarios. De novo Ledicia Costas visitou o noso centro. Desta vez para reunirse co club de lectura dos máis maiores.


Alumnado e profesorado que xa non está con nós, familias, profesorado e persoal do centro conversaron a partir da mesma lectura.


Os protagonistas de Infamia acompañáronnos durante toda a xornada.


E percorrimos xuntos as historias de Merlo, descubrindo curiosidades da man da autora.

Un pracer compartir este faladoiro con todas as lectoras e lectores.

Grazas, Ledicia, por acompañarnos nesta conversa sobre Infamia.

Comentarios