Seguimos con cambios

Dende o mes de outubro a nova biblioteca abriu as súas portas. Mais son moitos os cambios que se están a facer día a día para mellorar este espazo. Esta semana comezouse a instalar luces intelixentes. Alberto, axudante da bibliteca, fixo un estudo de que tipo de luces necesitabamos e para que. Denís axudoulle a instalarlas.



Grazas aos dous polo voso traballo!

Comentarios