Despedida dende a biblioteca

Hoxe abrimos as portas da biblioteca para celebrar a graduación do alumnado de 4º ESO. Dende este espazo do noso centro quixemos reunir a alumnado e profesorado. A mestura de sensacións que sentimos é difícil de describir nesta celebración especial. Compartimos vídeos do paso polo instituto, bailes e música en directo e moita emoción cos discursos de Elena e Eva.



Grazas polas palabras de cariño, polas miradas de complicidade e polos silencios que hoxe, máis que nunca, tiñan moito máis significado. Grazas a todos e a todas os que nos acompañaron.

Moita sorte nesta nova etapa. 
Aquí tedes o voso instituto e aquí tedes a vosa biblioteca.

Comentarios