Sesión con Luís Pardo


Esta mañá o grupo de axudantes da radio tivo unha sesión de formación con Luís Pardo. 


Coñecemos un pouco mellor o mundo da radio desvelando segredos e curiosidades que non coñeciamos.


Escoitamos distintos programas de radio e descubrimos os misterios que agochan. 


Convertémonos en redactores mellorando textos e reporteiros retrasmitindo noticias en directo.


Grazas a Luís Pardo por compartir con nós esta mañá!

Comentarios