Última reunión dos maiores de Lendo no Galiñeiro

E pechamos este curso cunha última reunión para falar de Carta de una desconocida, ese libriño de Stefan Zweig ao que chegamos grazas ao noso primeiro libro do curso: Descoñecidos de David Lozano.



Gustounos moito, e metémosnos na pel desa descoñecida vivindo a súa paixón que se converteu nunha forma de vida. Levounos tamén a falar do mito do amor romántico e comparar coa realidade dos amores adolescentes!

E foi tamén unha despedida porque os nosos rapaces e rapazas maiores do Club xa marchan do IES. Despois de estar 4 anos sendo membros de Lendo no Galiñeiro non podemos máis que darlles as GRAZAS e desexarlles que lles vaia moi ben nos novos centros! 

Un placer compartir lecturas e tempo con vós! Moi boa sorte!

Comentarios