Última reunión dos máis novos/as de Lendo no Galiñeiro

Este venres foi unha reunión especial. Para rematar o curso compartirmos o álbum ilustrado El hilo de la vida  de Davide Cali e Serge Bloch e fomos tecendo entre nós eses instantes na vida e lembrando tamén como foi o noso curso no Club de lectura.



Tamén aproveitamos para facer valoración do Club neste curso e propostas para o ano que vén. Quedar só no tempo de recreo e unha vez ao mes sóubonos a pouco así que contamos poder aumentar os tempos o ano que vén e xa temos moitas ideas argalladas!! Esperemos que a situación sanitaria nos permita levalas a cabo.


Grazas a todas e todos por compartir con nós este ano de lecturas!!








Comentarios