Libro de cociña



Dende hoxe temos un novo libro na nosa colección. Esta mañá o alumnado de 1ºESO presentou o seu Libro de cociña. É o produto final dunha tarefa na que traballaron ITI, lingua castelá e matemáticas. A cuberta e o deseño do libro é obra de Alberto Montull, alumno de 2º BACH.


Presentouse nun acto guiado por Alejandra e acompañada dun representante de cada aula e de Anxo, que foi o encargado de facer o prólogo.

É un libro moi especial porque está dedicado aos seus compañeiros e compañeiras de 2º BACH que están a piques de empezar unha nova etapa nas súas vidas.

A música tamén acompañou á palabra. O acto comezou cun concerto do alumando de 3º ESO e rematou coa actuación das dúas bandas de rock do noso instituto.



Grazas a todas as persoas que participaron neste acto.

Grazas a Anxo polas súas palabras no prólogo.

Grazas a Alberto polo deseño e maquetación do libro.

Grazas ao alumnado de 1º ESO polo seu traballo.

Comentarios