Tarde de poesía

Este luns 13 de xuño tivemos a nosa última xuntanza do club de familias e recibimos a autora Silvia Penas coa que falamos arredor do seu poemario O resto é ceu.


Contounos o seu proceso de creación durante unha estadía en Cabo Verde, a súa relación co portugués e como, dende sempre, ela sentiuse poeta. Tamén aproveitamos para coñecer un pocuo máis o seu proxecto Cinta Adhesiva e a obra do Colectivo Límites. 

E rematamos encandeados escoitándoa recitar un par de poemas do libro. Unha tarde poética marabillosa! Grazas, Silvia!

Comentarios