Última reunión do Club de lectura

Hoxe fixemos a última reunión de luns do club inda que nos queda pendente a saída ao roteiro literario de Segredos no Solpor para o luns 20.

Na reunión falamos deste libro e tamén das escritoras que nos acompañaron nas Xornadas dos Clubs de lectura do día 8 en Santiago. O curso pasado lemos a Mentira de Care Santos e este curso Os corpos invisibles de Emma Pedreira. Así que o ano que vén nos tocará ler algo de Antía Yáñez!!


Tamén aproveitamos para rematar os nosos carteis para facer os códigos QR do libro Os corpos invisibles!


Velaquí un exemplo!





Comentarios