Activos na protección do monte
O alumnado de 1º ESO e os de 2º PMAR coñeceron como os
incendios de hai un ano estragaron o monte. Ademais da desaparición das plantas
que o poboaban, propiciaron que aparecesen
outras especies oportunistas coma as acacias e os eucaliptos que están a
invadir o ecosistema.
Primeiro, membros da Comunidade de Montes de Valadares faláronnos da importancia de mirarmos polo
medio natural, de coidalo. Tamén nos
dixeron como plantar árbores autóctonas, que nos protexen contra o lume e non
degradan o terreo.
Finalmente, saímos ao monte, diante mesmo do instituto, onde
arrincamos algunhas plantas invasoras (sobre todo o que había era acacias) e
entre todos plantamos cento noventa sobreiras. Iremos medrando con elas do
mesmo xeito que medra a nosa conciencia ambiental.
Comentarios