Última sesión con Furia

 A última sesión sobre Furia foi moi especial e non polo apagón, senón porque tivemos como convidade a Aída, profesora de educación física no noso centro. Falounos sobre a historia do boxeo, dos seus valores e sobre o boxeo feminino. 

Despois tocou facer algo de práctica e Aida e África ensináronos algúns dos movementos básicos.


Non sei se se nos dá moi ben, pero pasámolo de marabilla  e axudounos a entender un pouco máis a Ceci, a protagonista do noso libro.



Despois de agradecerlle a Aida o seu traballo e agasallala cun exemplar de Furia asinado polo noso club, fixemos as últimas reflexión sobre o libro e falamos sobre a excursión que faremos en xuño.




Por certo, tamén xurdiu un grito de guerra:

NIN O APAGÓN PODE CO CLUB DE LECTURA!

Comentarios

Popular