Nova xuntanza do Club de persoas adultas con Olaia Sendón

 


Este pasado luns 18 de maio, tivemos o segundo Encontro do Club de lectura de persoas adultas onde comentamos a obra finalista do premio Xerais, A casa grande, de Olaia Sendón. Contamos coa presenza da autora con quen compartimos opinións e reflexións arredor desta novela. Damos as grazas a todas as asistentes e, en especial, a autora, por acompañarnos nesta fermosa experiencia lectora. 

 




Comentarios

Popular