Club de lectura
O luns 30 de novembro tivemos o pracer de compartir o primeiro encontro do Club de Lectura de adultos deste ano coa tradutora Emma Lázare.
Comezou a súa traxectoria como tradutora en 1993 vertendo ao francés, con Françoise Gautier Amor de Artur de Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén traduciu a Anxo Angueira, Flaubert, Maupassant, Mérimée, o Abbé Prévost e Montesquieu. E con Eugénie Grandet, de Balzac gañou o premio de tradución Plácido Castro en 2004.
Emma pensa que a tradución é imprescindible para o afianzamento dunha lingua. Sen as traducións das principais obras da literatura universal unha lingua non obtén a súa consolidación aínda que a propia literatura galega é unha literatura de excelencia.
En 2002 traduce, do inglés neste caso, Address Unnown (Enderezo descoñecido) para Edicións Xerais; libro do que estivemos conversando o pasado luns na compañía de familiares do alumnado, profesores e algunha alumna egresada.
No encontro, despois dunha excelente presentación e estudio do libro Enderezo Descoñecido, Emma abriu o debate coa pregunta, ¿creedes que Max actuou ben? A conversa fluiu nun ambente familiar, culto e interesante.
Grazas Emma, grazas participantes, e invitámovos a todos a compartires con nós a próxima lectura.
Comentarios