Xornadas de benvida ao alumnado de 1º da ESO

Este curso 2025/2026 abrimos as nosas portas ao alumnado de 1º da ESO cunha xornada de benvida. Os catro grupos de 1º da ESO pasaron pola biblioteca durante tres sesións da mañá para realizar unha intensa xornada de formación de persoas usuarias. O Sobreiral das Palabras lanzoulles dous retos ben divertidos que afrontaron con moita ilusión e enerxía! Ao final, todos e todas levaron unha capa co noso logo como recordo. Graciñas por participar!





Comentarios

Popular