Visita de Manuel Rivas
O cinco de abril, Manolo Rivas, O'Rivas, compartiu connosco dúas horas inesquecíbeis. Engaiolounos, a profesorado e alumnado, co seu xeito de ser e coas súas palabras, que perdurarán en nós moito tempo.

Vimos nel, e así tamén se autodescribiu, unha persoa á que lle gusta escoitar, explorar: " oír o choro que vén de fóra" " para ser calquera cousa na vida o esencial é escoitar".
Nós quixemos expresarlle a nosa satisfacción pola súa presenza, recibíndoo cun ramo co " toxo que doura os montes de Galiza",
lembrando así ese momento de 2009 en que el ingresa na RAG cunha flor de toxo na man. A respecto disto, tivemos un momento máxico anterior pois a floraría á que lle fixemos o encargo (floraría Antoxo en Bouzas) regalóunolo ao saber que era para o noso instituto e para agasallar a M. Rivas.
Ao final do acto entregámoslle dous gravados realizados polo alumnado de Plástica con deseños baseados en portadas dos seus libros.
Ao final do acto entregámoslle dous gravados realizados polo alumnado de Plástica con deseños baseados en portadas dos seus libros.
A súa cara de abraio foi suficiente para decatármonos de que lle encantaran. Antes de saír, asinounos o vinilo situado no chan do noso "paseo das estrelas literarias", non sen antes recoller no andel situado á entrada do instituto e que leva por nome: "Cartafol de poesía. O poema da semana" varias copias do seu poema "Fonema" pertencente ao libro Costa da morte blues, co cal traballaramos días antes.
Por último, O EQUIPO DE BIBLIOTECA AGRADECE A ACTITUDE DO ALUMNADO, QUE ESTIVO Á ALTURA DESTE GRANDE DA LITERATURA.
Ás e aos que non lestes a Manuel Rivas, recomendámosvos calquera dos seus libros de poesía , narrativa ou ensaio. O noso alumnado leu Madonna e outros contos de inverno, relatos de ¿Que me queres, amor? e d'Un millón de vacase o poema "Fonema" . Ademais de ver a película "A lingua das bolboretas" .
Para as persoas que xa non estades en idade escolar, suxerímosvos a lectura da súa novela máis recente: O último día de Terranova (2015) e o seu último poemario A boca da terra ( 2015). Para @s pequen@s lector@s publicou os contos O sombreiro Chichiriteiro (2009) e O raposo e a mestra (2013). En 2015 publicou o poemario A boca da terra.
(Texto de Iolanda Rodríguez e fotos de Anxo Cabada)
Comentarios