Na procura de artistas

Nas aulas de 1ºESO a ARTE convértese nun pretexto para buscar, indagar e manipular a información. Baixo o lema "NA PROCURA DE ARTISTAS" realizamos unha serie de actividades que teñan como obxectivo achegarse a diferentes museos. VelesARTE, o noso blog colaborativo que compartimos cos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º ESO, é o noso recuncho na rede onde proxectamos e compartimos o noso traballo.


QUE INVESTIGAR?
O punto de partida foi o Guernica de Pablo Picasso. Reflexionamos sobre as diferentes manifestacións artísticas a partir dun feito histórico.



COMO INVESTIGAR?
Co XOGO DOS MUSEOS GALEGOS aprendemos a buscar a información necesaria.
Fixemos unha caza do tesouro no Museo do Prado, na que aprendemos a navegar por unha páxina web.  Ao rematar subimos ao noso blog " a gran pregunta", a nosa opinión sobre esta páxina.


PRODUTOS FINAIS?
Despois de investigar escribimos noticias no noso DIARIO MUSEO, algunhas están subimos no blog. Ademais creamos dous libros que recollen información sobre museos ou casas museos.



  E AGORA QUE?
Convertemos en obras de arte os libros que lemos, ás veces en forma de xogos de mesa, e outras en imaxes.

Agora somos nós os artistas

Comentarios