Unha imaxe, unha palabra

A imaxe e a palabra son a clave do traballo feito por alumnado de 3º ESO. Aprendemos a ler imaxes, a describir o que vemos e a contar o que outros viron. As nosas propostas están recollidas no noso blog de aula VelesARTE, que compartimos con compañeiros de 1º e 4º da ESO.



PUNTO DE PARTIDA...
Comezamos describindo obxectivamente un cadro do Museo do Prado e subxectivamente unha imaxe que espertara en nós algunha emoción ou sentimento. 

TRABALLO COA INFORMACIÓN...
O seguinte paso foi investigar sobre un mito que apareza nun cadro do Museo do Prado e explicarlle aos nosos compañeiros o que aprendemos.

E AGORA QUE?
E agora somos nós os artistas! Creamos imitando aos escritores que imos estudando: convertémonos en xograres, facemos as nosas versións do tópico Ubi sunt?, escribimos microrrelatos e creamos textos da vida cotiá, actualizando aos clásicos.
 

Comentarios