... e libre o meu pensamento
Esta mañá a música e os versos invadiron o centro nun acto no que
participou todo o instituto. Foi unha xornada de conmemoración e
reivindicación para celebrar o Día da muller (traballadora).
“Xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria, nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios, aínda que ao redor sentise, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as argolas da escravitude.
Eu, porén, SON LIBRE, libre coma os paxaros, coma as brisas; coma as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón, libre a miña alma; e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara á terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza.”
Rosalía de Castro: Lieders, Álbum do Miño, 1858. ( Tradución)
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Das últimas mareas (1994) de Ana Romaní
Grazas a María e a Iolanda por preparar este acto para nós.


Comentarios