Cita a cegas cun libro

Este mes o alumnado de 1º ESO e de 4º ESO tivemos unha cita a cegas cun libro. Todos os libros escollidos teñen unha temática común: falan de persoas, animais, obxectos, ou sentimientos que son Invisibles aos ollos.  Queremos darlle voz a todo aquilo que nos rodea e pasa desapercibido ou que non lle damos o protagonismo que se merece. Alzamos a voz para falar de cambio climático, de arte, de deporte, de ciencias e, por suposto, de mulleres. Máis de douscentos traballos de investigación  que non nos han deixar indiferentes.



  • Hai mulleres invisibles e anónimas (Mujeres de Isabel Ruiz)
  • Hai colectivos invisibles (50 queers que cambiaron o mundo  de Dan Jones)
  • As avoas invisibles (Estamos todas bien de Ana Penyas)
  • Unha muller invisible que se atreveu a decir NON (El autobús de Rosa de Fabizio Silei e Maurizio Quarello)
  • A menstruación é invisible (El rojo es bello de Lucía Zamolo e Marisa Delgado)
  • As deportistas invisibles (Mujeres en el deporte de Rachel Ignotofsky)
  • Valentes e invisibles (Valerosas de Penélope Bagieu e Fernando Ballesteros)
  • As feministas invisibles (Mujeres en lucha de  Marta Breen e Jenny Jordahl)
  • Hai lugares invisibles aos nosos ollos (Debajo de la tierra, debajo del agua de Alesandra Mizielinska e Daniel Mizielininski)
  • Hai un animal invisible no cadro de Monet (Donde está la ranita de Geraldine Elschemer)
  • Hai sentimentos invisibles (El jardín de los sentimientos de Janna Carioli e Sonia Possentini)
  • O silencio invisible. O que non se ve pero si se oe (Fuerte, suave, murmurando de Romana Romanishin)
  • Desperdicios invisibles (Basura, todo sobre la cosa más molesta del mundo de Gerda Raidt)
  • Os secretos invisibles da xeoloxía (Un millón de ostras no alto da montaña de Alex Nogués e Miren Asiain Lora)
  • Hai universos invisibles (Planetarium de Raman Prinja)
  • Hai mundos invisibles ao noso redor (Los mundos invisibles de los animales microscópicos de Helena Ralcak)
  • Hai especies que serán invisibles (Retratos animais de Yago Partal)
  • O invisible que hai en min (La respuesta eres tú de Jan Paul Schuttern)
  • Hai amenazas invisibles (Monstruos verdaderos amenazan el planeta de Marie Rohde)
  • O invisible baixo a nosa pel (Anatomicum de Jennifer Paxton)
  • Hai instrumentos invisibles (El gran libro de los instrumentos musicales)
  • As mulleres invisibles no rock (Historia ilustrada do rock de Susana Monteagudo)



A cita foi na biblioteca: un libro, un tema e un proxecto de investigación por diante. O alumnado de 1º ESO compartimos esta cita dúas aulas xa que traballamos conxuntamente.



Coma nas citas a cegas o primeiro foi comezar a coñecerse, unha lectura superficial do libro para saber de que trata e para acotar a temática.



A elaboración dun guión provisional axudounos a orientar a busca. Seleccionamos a información máis relevante da fonte que nos tocou.


Creamos un texto expositivo con esta información seleccionada utilizando as nosas propias palabras e incluíndo as nosas opinións ou valoracións.



 Esta semana comunicamos o aprendido aos nosos compañeiros e compañeiras. 
Fagamos que estas voces non sexan invisibles!

Comentarios