Reto matemático: monopoly de ecuacións


O reto matemático de hoxe é especial. Teredes dúas semanas para conseguilo, ata o día 9 de abril. Nestes días raros e diferentes que estamos a vivir temos máis tempo para disfrutar das pequenas cousas. Pensamos que poderiades facer este reto para compartirlo depois coa vosa familia. Así que a proposta e crear un MONOPOLY DE ECUACIÓNS. 



Estes son os pasos que deberedes dar:

  • Deseñar e crear o taboleiro.
  • Facer as tarxetas.
  • Escribir as normas do xogo.

Poderedes inspirarvos no MONOPOLY tradicional e facer a vosa propia recreación.

Unha vez rematado faredes tres fotografías: unha ao taboleiro, outra ás instrucción e, por último, as tarxetas; fotografías que enviaredes ao correo da biblioteca: osobreiraldaspalabras@gmail.com.

Comentarios