Sensacións e álbum ilustrado
A palabra sinestesia provén do grego clásico, da suma da preposición σύν (sýn), que equivale a ’con’ e o sustantivo αἴσθησις (aísthēsis), que significa ‘percepción’. A sinestesia é un recurso estilístico moi usual nas obras literarias que consiste en describir ou percibir unha sensación en termos doutra, xerando así correspondencias moi chamativas (DiTerLi, s. v. correspondencia), onde podemos entender que se produce unha “infracción deliberada de las reglas perceptivas” (Rábade 2014).
Así, este significativo recurso estilístico achéganos aos versos do Madrigal de ausencia de Lucía Sánchez Saornil "Canta el agua sus arias otoñales... / dulce nostalgia de tu voz de seda" ou aos versos "Una dura luz de naipe / recorta en el agrio verde" do poema Reyerta de Federico García Lorca.
Sendo conscientes da importancia da expresión sensorial dentro das obras literarias e no cotiá, para a terceira sesión do club de lectura do alumnado do IES Valadares, planificamos un achegamento ao álbum ilustrado desde a percepción sensorial. A idea era interpretar estas obras relacionando subxectivamente o contido cos campos sensoriais. A pregunta que pretendiamos responder era: Somos os lectores e lectoras capaces de deixar de lado as formas tradicionais de acceso aos libros e procurar correspondencias deste tipo?
A sesión estaba prevista para as semanas finais de marzo, mais a situación actual impediu que a actividade poidese ser realizada. No entanto, o Sobreiral das Palabras continúa activo no plano dixital, para facermos estas semanas máis levadeiras, polo que os/as mediadores/as do Club de Lectura Lendo no Galiñeiro do IES Valadares decidimos publicar a nosa análise sensorial do primeiro álbum ilustrado coñecido, o Orbis sensualium pictus, co que pretendemos, en última instancia, facer unha homenaxe a todos eses álbumes ilustrados que anegan a nosa biblioteca e que cada día acrecentan a imaxinación dos/as nosos/as lectores/as.
No ano 1658, o pedagogo moravo Iohannes Amos Comenius publicou, en Nürnberg, o Orbis sensualium pictus. O autor procuraba facilitar o ensino da lingua latina empregando imaxes. A obra tivo tanto éxito que foi moi pronto traducida a outras linguas e constitúe un fito literario e pedagóxico na cultura occidental.
Se fixamos a nosa atención nas páxinas iniciais da obra, poderemos encontrar unha táboa onde Comenius relaciona o son de cada letra do alfabeto latino cunha imaxe dun animal, do ser humano ou da natureza, e o ruido que estes seres ou elementos producen. Así, a serpe (serpens) que silba o son [s] ou o moucho que ulula o son [u], están relacionados, respectivamente, coas letras <s> ou <u>. Vemos, por tanto, como nesta obra a mestura dos sentidos adquire grande importancia pois tentaba facilitar aos lectores e lectoras da obra a aprendizaxe da lingua latina.
A edición coa que contamos é a da editorial Libros del zorro rojo que traduce o texto orixinal alemán ao castelá, conservando os textos latinos orixinais. As sensacións táctil e visual que produce o papel sobre o que tan ben está editado o texto traslada a nosa imaxinación ata as imprentas do século XVII, onde aínda eran perceptibles ao trasluz, nos pesados bifólios de papel onde se deposita a tinta, as marcas de auga das casas fabricantes.
A sensación olfactiva achega a nosa imaxinación ao olor da tinta negra do orixinal. Alén diso, a distribución do texto en columnas dentro da páxina fai que pensemos subxectivamente no equilibrado arrecendo do aroma que desprende a madeira do sándalo.
A suma das distintas percepcións sensoriais que nos transmite a obra como lectores/as resúmese no equilibrio entre a tradición e a renovación pedagóxica, harmonía que tamén buscamos nestes momentos complicados que pronto serán tan só unha lembranza máis dos nosos camiños.
E vós, lectores e lectoras do sobreiral, non vos animades a completar a análise sensorial dos álbumes ilustrados que escollestes?
Un abrazo virtual e todo o noso ánimo para vós e as vosas familias.
Bibliografía referenciada:
Comenius, Iohannes Amos (1658 [2017]) Orbis sensualium pictus, Barcelona: Libros del zorro rojo.
DiTerLi = Equipo GLIFO (dir.): Base de Datos do Dicionario de Termos Literarios, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia [consulta: 06/04/2020].
García Lorca, Federico [2012]: "Reyerta" in Pedro Lumbreras García e Sara Lumbreras Sanchón (eds.): Romancero gitano, Barcelona: Akal, páx. 98.
Rábade Villar, María do Cebreiro (2014): “Arqueología y mundo subjetivo en la novela Ruinas (1866), de Rosalía de Castro” in Hispanófila, vol. 171., páx. 190.
Sánchez Saornil, Lucía [2018]: "Madrigal de ausencia" in Nando López (coord. pedag.): Antología poética de la generación del 27, Madrid: Santillana, páx. 77.
Imaxe da madeira de sándalo: xbqs42n en Pixabay.

Os/As mediadores/as do Club de Lectura Lendo no Galiñeiro

Comentarios