Encontros inesperados no corredor
LÓXICA MATEMÁTICA O DÍA DA ENTREGA DE NOTAS...
Unha alumna ten que cruzar un corredor do instituto onde estuda para poder recoller as súas notas e, ao entrar, ve un xigante cun coitelo. O xigante dille á alumna que lle diga unha frase. Si é verdadeira, cortaralle a cabeza; si é falsa, estrangularáa. A alumna pensa durante un intre. Ao cabo duns minutos, atravesa o corredor sen que o xigante poida nin estrangulala nin cortarlle a cabeza.
Que frase lle dixo a alumna ao xigante?
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.