Proxecto 20/21



O episodio histórico que estamos a vivir deu un cambio importante nas nosas vidas, mais constitúe unha oportunidade para facermos unha reflexión sobre o que está a acontecer.

Entre dúas realidades é o nome do proxecto de centro deste curso, no que afondaremos nestas dúas realidades, presencial e virtual, nas que nos movemos na nosa vida cotiá.

Organizamos este proxecto en dúas partes:

  • 1ª Parte: os primeiros días de clase.

    A primeira parte do proxecto foi a creación dun curso na aula virtual para cada nivel educativo no que participa profesorado de diferentes materias. A finalidade era coñecer a situación na que nos atopamos, así como actuacións de prevención, hixiene e protección e, ao mesmo tempo, melloraremos a nosa competencia dixital que nos será necesaria este curso.


  • 2ª Parte: diferentes propostas que iremos traballando durante todo o curso.

Comentarios