O noso é puro teatro!

Nesta reunión tivemos a sorte de contar con dúas novas mediadoras, as alumnas de 2º de Bacharelato Ana Ramos e Eilyn Méndez que prepararon a sesión xunto coa coordinadora Andrea de la Torre.


Ambas fixérono xenial nesta nova experiencia, e temos que dicir que son dúas mediadoras marabillosas!!


Durante a xuntanza, falamos de teatro e fixemos teatro, representando o Acto 4 do libro de Nando López Por qué tiene que ser todo tan difícil. E descubrimos que o que si que non é difícil para nós é o teatro, temos grandes actores e actrices entre nós!!


Coma sempre, grazas a todas e todos pola vosa participación!



Comentarios