Saída do Club de escoita

O día 6 de xuño visitamos a Galiña Azul de Valadares e o CEIP Sobreira para compartir lecturas cos máis pequenos da nosa parroquia.



As patrullas lectoras prepararon varias lecturas, esas que a elas lles encantaban de pequenas e outras máis recentes que a cativada recibiu con entusiasmo. E non foi só ler se non que cada patrulla elixiu unha forma de achegar de maneira plástica e artística a lectura: a canción do polo Pepe en xilófono, debuxos para tocar dos Ratos de viaxe, pegatinas de Pete o gato, follas, espaguetis de cores, un cocodrilo de cartón con De que cor é un bico, monicreques de A tartaruga que quería durmir...





Unha experiencia única da que gozamos maiores e pequenas! Vémonos o curso que vén!




Comentarios