A biblioteca escolar, aliada dun proxecto
- A biblioteca como centro de recursos: Publicistas do Sobreiral
- A biblioteca como centro de investigación: Cita a cegas cun libro
- A biblioteca como centro de oportunidades: Pioneiras
A primeira liña de traballo centrouse na formación de usuarios. O alumnado aprendeu a utilizar a biblioteca como un centro de recursos e aplicou o aprendido creando diferentes tipos de produtos (carteis, podcast, vídeos…).
Na segunda proposta aprenderon a buscar e seleccionar información en libros da biblioteca de diferentes temáticas: animais, cambio climático, arte, astronomía... Crearon un portafolio en drive e unha presentación dixital.
Finalmente, aplicaron os coñecementos adquiridos investigando sobre unha muller relevante. Desta vez a busca de información fíxose en libros e na rede; o produto final foron carteis informativos.
A biblioteca foi o espazo onde se levou a cabo este proceso. Na hora desta materia dúas aulas de 1º ESO xuntábanse para desenvolver as actividades propostas. Porén non só se concibiu a biblioteca coma un punto de encontro senón tamén como un centro de recursos; durante todo o proceso empregáronse os materiais: libros, ipads, trípodes, legos, material funxible, o laboratorio de radio… Ademais en cada sesión este espazo era o seu laboratorio de aprendizaxe onde aprenderon a levar a cabo unha proposta de investigación.
Neste vídeo podedes ver un dos nosos últimos días de clase.
Comentarios