Somos animais textuais



Unha vez escoitei a poeta Olga Novo que somos animais textuais. É unha magnífica imaxe para definir a interacción entre os seres humanos e a lectura: un nobelo polo que nos deixamos arrastrar e lévanos a onde el quixese. Na mesma liña, os gregos definíannos como un animal que fala. O mundo descóbrese, a través dos significados contidos nas palabras, porque a intelixencia humana é estruturalmente lingüística: pensamos con palabras, interpretámonos con elas, pero tamén entendémonos (ou non) a través elas.

Con este propósito, o proxecto Somos animais textuais quería recuperar esa experiencia lectora das historias que teñen vida propia e fluctúan por si soas. Así, o alumnado de 1ºESO e de 3ºESO converteuse nun bardo que deixa un elo de produtos derivados da súa experiencia lectora: xogos, BSO, proxectos de serie de TV,… Velaquí tendes unha mostra dos traballos.”

Gabriel Pérez


Made with Padlet

Parabéns polo traballo e grazas por compartilo!
Pasará a formar parte dos recursos dixitais da biblioteca.


Lembra que estes recursos están organizados como o material da biblioteca, seguindo os números da CDU. Se requeres atopar este traballo deberás premer no 8.






Comentarios