Biblioteca Humana no Sobreiral

Hoxe celebramos a primeira edición da nosa Biblioteca Humana no marco do Proxecto levado a cabo en 4º de ESO nas materias de Lingua Castelá e Historia sobre Memoria Histórica.



 O alumnado creou os carteirs para o evento e foi distribuído en grupos para falar cos libros Humanos e descubrir diferentes aspectos relacionados coa memoria histórica. Así, foron Libros Humanos, Lucio Martínez Pereda, historiador e antigo profesor do centro, que lles  falou sobre o Patronato de protección de la Mujer durante o Franquismo; Aida Costas, libreira na Libraría Libraida, que lles falou de memoria histórica nos libros; Justo García, emigrante en Uruguai durante 30 anos; Su Garrido Pombo, música que lembrou a importancia da cultura tradicional e das lembranzas da república a través das cancións; Henrique Vieites, membro do Centro Cultural de Valadares, que falou da represión na parroquia e Rosa Sotelino que lles contu a historia da súa avoa, Rosa Rosendo, represaliada no Franquismo.








O acto pechou cunha actuación de Su Garrido Pombo que nos cantou a canción 18 de xullo.



 Moitísimas grazas a todos e todas as participantes nesta mañá tan emotiva!


Comentarios

Popular