Agasallo cultural do Reto Lector

Hoxe gozamos do agasallo cultural do Reto lector 2025! 


Fixemos unha comida coas familias, alumnado e profesorado participantes do Reto lector e despois deixámosnos envolver polas lecturas  e pola máxica voz de Su Garrido Pombo, nun concerto intimista e cheo de emoción.






Su lembrounos que hai que cantar e bailar sempre, como facían as nosas avoas nos torreiros. Grazas, Su, por enlazar a túa música coas nosas lecturas con tanta sensibilidade...e grazas a todas e todos os asistentes, O Sobreiral das Palabras sodes vós!






Comentarios

Popular