Día das Bibliotecas: entrega de diplomas.

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, na nosa biblioteca realizamos un acto en honor aos nosos axudantes, no que entregámoslles os seus diplomas de voluntariado do curso 2024/2025. 



Para inaugurar o acto, o noso director dedicounos unhas agarimosas palabras nas que recoñecía tanto a súa labor como a traxectoria da nosa biblioteca O Sobreiral dende os seus inicios ata agora. Tras a entrega de diplomas, compartimos un rico bizcoito.



Comentarios

Popular