Antonio García Teijeiro

Onte 24 de novembro o Club de Lectura do alumnado recibiu a visita do poeta Antonio García Teixeiro. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO seguiron atentamente na Biblioteca como o poeta iba debullando os seus versos e as súas historias, as metáforas, os acrósticos ... que foron os protagonistas desta xornada poética.
Ao remate, o escritor inaugurou un novo espazo no Centro, o Paseo da Literatura. Este espazo contará cunha baldosa literaria onde atoparemos un poema e unha foto do escritor que visite o centro; así, mentres o alumnado chega ao instituto, poderá xogar e aprender poesía.
Grazas ao escritor vigués por visitarnos, contaxiarnos e quentarnos na fogueira dos versos.

Comentarios