IV CERTAME DE RELATO CURTO

Cartel oficial do certame
A FANPA convoca un ano máis o seu certame de relato curto dirixido a alumnos do sistema educativo público, divididos por idades, e aos adultos que participan directamente nese sistema (familias e profesorado).
Os relatos, de tema libre, terán entre 200 e 300 palabras, en Times New Roman, tamaño 12 e interlineado 1'5. O prazo remata o vindeiro 29 de febreiro.
Os premios consisten nun vale de 200 €, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón, para cada unha das categorías de idades.
Só nos queda ao equipo da biblioteca animar a todos os alumnos, familias e profesorado a participar no certame cun relato orixinal e interesante. 
Se queredes máis información, consultade o enderezo do certame.

Comentarios