Día dos dereitos humanos

O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, aprobado pola ONU en 1948. Todos os anos celébrase cun lema adicado á defensa dos dereitos das persoas máis desfavorecidas ou dos grupos en risco grave por motivos sociais, relixiosos, sexuais ou políticos. Este ano, 2016, o lema é "Defende hoxe os dereitos dos demais", unha chamada xeral para defender sen exclusións os dereitos de calquera persona en calquer lugar do mundo, en especial os de aquelas persoas que poidan ser discriminadas ou sufrir algún acto violento. Os conflitos armados, a restricción de libertades e a impunidade oscurecen o panorama mundial hoxe.


En Vigo. Amnistía Internacional convoca un acto público, con recollida de sinaturas, este sábado 10 na Praza de América, de 11'30 a 14'00 horas. O artista Carlos Tomico levará a cabo un espectáculo de maxia.
En España, Amnistía denuncia os casos de Annie Alfred, víctima da superstición e da maxia en Malawi polo simple feito de ser albina, de Máxima Acuña, atacada por defender a terra e o medio ambiente en Perú, e de Eren Kesin, procesada máis de cen veces en Turquía por levantar a voz contra o goberno.

Comentarios