Obradoiro con Rosalía Fernández Rial



Con  Rosalía Fernández Rial "derrubamos os muros das aulas" creando poesía para logo representala teatralmente.



"Por que limitarse a coñecer e crear só desde a mente, dun xeito estático, se somos tamén corpo, voz, acción e movemento? ". A  partir desta reflexión, Rosalía indaga e propón a expresión dramática como ferramenta pedagóxica para as aulas de lingua e de aí nace a técnica utilizada no obradoiro co noso alumnado. 

Ao lermos as recensións realizadas polas rapazas e rapaces de 1º ESO, é doado deducir que tivo éxito:

Fixemos un xogo creando rimas en grupo e aprendemos moito con ela. Ensinounos que a escritura pode ser divertida, que se pode facer maxia coas palabras e transmitir sentimentos dende a poesía. 
AAD  

A visita de Rosalía foi moi divertida. Gustoume moito a actividade e o seu xeito de sorrir, sorrir e sorrir. Nunca estivo seria e se algo faciamos mal, ela seguía co seu sorriso.
BAC 

O obradoiro pareceume fenomenal, extravagante e divertido. Pareceume unha escritora boa.
RRL

Pareceume unha clase produtiva porque tiñamos que pór imaxinación e representar unha obra de teatro a partir dun poema creado por nós. Pero tiñamos pouco tempo e algúns compañeiros non puideron actuar. Rosalía pareceume unha persoa simpática e agradable para falarmos con ela. 
GG  

Foi moi divertido; unha cousa diferente e nova que me impresionou porque nunca o fixen e entón sorprendeume.   
O obradoiro que fixemos con Rosalía pareceume interesante, divertido e moi entretido, pois tivemos que subir ao escenario e representar por grupos as rimas que creamos. Foi moi divertido ver os compañeiros actuando no escenario. ENCANTOUME!!!!  
ACF 

A verdade, gustoume moito porque tiñas que pensar unha frase que rimase coas cousas que máis che gustan; eu, por exemplo, fíxena co meu videoxogo favorito. Rosalía pareceume moi boa deseñando unha actividade que nos serviu para expresarnos diante doutras persoas e en galego.
DRP

O obradoiro con Rosalía gustoume bastante xa que pasamos un momento divertido interactuando en pequenos obradoiros. O que máis me gustou foi cando os ensaiamos, xa que o pasamos moi ben. Ela tamén foi moi boa con nós; e divertida. 
CC

MOI BONITA A ACTIVIDADE. GUSTOUME MOITO. Botamos unhas risas e houbo grupos que o fixeron moi ben. Rosalía era moi guapa, curriña e falaba moi ben en galego.   
ACV

Gustoume porque fixemos como unha pequena obra de teatro, con rimas e foi moi gracioso.
LBL 

A actividade pareceume moi  DIVERTIDA  e  ORIXINAL, xa que a min nunca se me ocorrería unha obra de teatro dese xeito. Pareceume tamén orixnal falar presentándonos e despois quedamos quietos na postura dos deportes que representabamos. Foi unha das actividades máis divertidas que realizamos.  
LDH

   


Comentarios