Visita de Vaja Tarieladze: "On the inequality between arithmetic and geometric means"

O vindeiro luns día 2 de outubro, a primeira hora da tarde, vén ao instituto o matemático xeorxiano Vaja Tarieladze (profesor of the Georgian Technical University and a head of Departament of Probabilistic and Statistical Metods of Institute of Computational Mathematics of GTU)   a dar unha charla para o alumnado de 3º da ESO. É unha oportunidade única de escoitar a un dos matemáticos máis prestixiosos do mundo.  Non é unha persoa que se prodigue moito en medios non científicos, e por iso agradecemos a súa presencia.

Vaja Tarieladze e a profesora María Jesús Chasco (Universidade de Navarra, Pamplona 2016)

Naceu en 1949 en Batumi, preto do Mar Negro. Estudiou en Batumi ata oitavo curso e no noveno trasladouse a Tbilisi á Escola Matemática para alumnos aventaxados. Despois estuda na Universidade de Tbilisi na Facultade de Cibernética. En 1971 entra na Facultade de Matemáticas da Academia de Ciencias de Xeorxia. O seu director de primeira tese é o matemático Nicholas Vakhinia (1930 – 2014) que defende en 1975 no Instituto de Matemáticas de Tbilisi e traballa como investigador no Centro Computacional da Academia de Ciencias. Finaliza a súa segunda tese de doutoramento en 1990 no Steklov Instituto  Matemático  de Moscú.

Publica a súa primeira monografía xunto con Vakhania e Chobanyan (“Probability Distributions on Banach Spaces. Russian Edition, Moscow 1985. English Edition 1987, D.Reidel, Holland). Esa monografía ten máis de 870 citacións en Google Scholar. En total ten máis de 80 publicacións.


Participou no movemento de independencia de Xeorxia da Unión Soviética. Despois da independencia acepta invitacións para vir a dar cursos de Doutoramentos en España, nas Universidades Complutense de Madrid, Zaragoza e Vigo.

Comentarios