Clubs de lectura

Retoman as súas actividades os Clubs de Lectura do IES Valadares. Esperámosvos o vindeiro xoves 26 de outubro no recreo.

Montse Fajardo
O Club de Lectura para adultos, no que poden participar profesores, persoal non docente, pais e nais, ten a súa disposición na conserxería do centro o libro Un cesto de mazás, da xornalista Montse Fajardo, autora que nos visitará para celebrar un encontro arredor deste libro o vindeiro luns 4 de decembro, ás 18'30 h. A obra céntrase no proceso de recuperación da memoria das vítimas silenciadas da Guerra Civil.



O Club de Lectura para o alumnado lerá neste trimestre A señorita Bubble (para 1º e 2º) e Unha estrela no vento (para 3º e 4º), ambos da autora viguesa Ledicia Costas, que se achegará no noso centro tamén o 4 de decembro, ás 15'15 h.

Ledicia Costas





Comentarios