Visita ao Museo do Mar-Pergamiño Vindel

O pasado xoves 9 de novembro os alumnos de 3º da ESO foron ao Museo do Mar  para ver “en persoa” o pergamiño que recolle as sete cantigas de Martín Códax coa notación musical. E foi un día ben aproveitado!! Aprenderon como eran os pergamiños medievais e participaron en diversos obradoiros.
Ademais da visita ao Museo do Mar, onde se garda ata o mes de marzo este fermoso documento, tamén aproveitaron para visitar Canido e Toralla e coñecer o Centro de Interpretación da Finca Mirambell.






Comentarios