Escribimos xuntos?

Na Semana das Letras e das Ciencias recibimos a visita dos nosos compañeiros de centros adscritos de primaria. Visitou o centro o alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios de Sobreira, Matamá e Igrexa e alumnado de 1º ESO e 2º ESO. 
Na primaria parte da actividade, os alumnos/as de primaria recitaron poemas de Mª Victoria Moreno e fixeron unha actuación musical e algúns alumnos/as de 2º ESO contribuíron cun RAP composto por eles. 
Na segunda parte, en grupos de 8 alumnos/as (4 de primaria e 4 de secundaria), crearon un relato curto ou ben unha poesía, segundo os casos, a partir dunha frase facilitada polo profesorado. 










Comentarios