Ler, escribir, invertigar... para comunicar

Despois de meses traballando os compañeiros e compañeiras de 4º ESO expoñen o traballo que estiveron a realizar nas materias de CCSS e Francés.



A biblioteca foi a súa fonte de recursos para poder indagar sobre os aspectos que traballaron. Consultaron libros de viaxe, libros/cómics sobre o maio francés.



Entrevistaron a un personaxe histórico do Antigo Réxime,
en galego e en francés.

Crearon un caderno de viaxe 
de un país asiático ou francés, preferentemente do mundo francófono.

 Conmemoraron o 50 aniversario do Maio Francés. 
Elaboraron un muro de caixas de zapatos, imitando as paredes das cidades de Francia, 
con lemas e imaxes do Movemento Estudiantil Francés do 68. 
Desta vez contaron coa axuda de todo o centro e doutras materias. 
En inglés elaboraron carteis sobre a forma de vida 
nas distintas décadas da segunda metade do século XX. 
En francés, traballaron a canción protesta francesa e elaboraron unhas láminas ilustrativas. 


Grazas a Montse e a Celina por guiar e acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.

Comentarios