Día violeta de concienciación

Mañá, na hora de lectura, temos unha cita: volve o CLUB DE ESCOITA. Unha patrulla lectora de alumnos e alumnas de 3º ESO visitará todas as aulas do centro para ler dous textos relacionados coa conmemoración do 25N. 


Posteriormente haberá na biblioteca un obradoiro para crear un muro colaborativo entre todo o alumnado e profesorado participante. Reflexionaremos e compartiremos opinións a partir de diferentes cancións. Buscaremos mensaxes para poñer nas nosas mans violetas.

Comentarios