GRAZAS!

Hoxe publicábanse no Portal Educativo os centros que participan na iniciativa "Voluntariado na biblioteca escolar", na listaxe aparece o noso instituto. E o destino quixo que nesta xornada os nosos axudantes foran os protagonistas desta historia.


 A media mañá comezaron a caer goteiras das ventás que temos no teito.


Nese momento un grupo de axudantes estaba na biblioteca. 
Foron os primeiros en buscar unha solucción ao problema.



Moveron os estantes, cubriron o chan, buscaron cubos e caixas para recoller a auga, 
fixeron fotos e deron a voz de alarma.


Coidaron con esmero a súa biblioteca.
Por iso, só vos podemos dicir...



Comentarios

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.