Os reporteiros tivemos visita
Somos o Club de reporteiros/as do IES Valadares. Reunímonos os luns ao mediodía para falar, escoitar, escribir e ler. O noso obxectivo e dar a coñecer aos nosos compañeiros e compañeiras o que está a acontecer no centro. Con esta intención gravamos o noso primeiro Telexornal. Despois do estreno démonos conta de que son moitos os aspectos que debemos mellorar. Quixemos contar coa experiencia dun periodista, por iso convidamos a Rodrigo Vázquez a pasar unhas horas con nós.
Hoxe estivo na biblioteca. Falounos da súa profesión, de como chegou á televisión galega, dos programas que presentou e de moitas outras curiosidades.
Aproveitamos a ocasión para que participase na versión
feita por nós do seu programa Ti verás.
E concedeunos unha entrevista para o noso seguinte Telexornal.
Grazas aos nosos presentadores, Brais e Kevin, pola expectación
que crearon nos seus compañeiros e por guiar a sesión.
Grazas a Alberto por xestionar a parte técnica
e converter a biblioteca nun plató de televisión.
e converter a biblioteca nun plató de televisión.
Grazas, Rodrigo, por aceptar a nosa invtación e pasar esta xornada con nós.
Foi un pracer compartir esta sesión contigo.

.jpg)
Comentarios