Non esquezas o monte

 

En outubro de 2017 todos vivimos con anguria e impotencia a vaga de lumes que arrasou os nosos montes. Nesta mostra pretendemos concienciar, a xeito de protesta ecolóxica, da necesidade de conservar e repoboar o monte coas nosas especies autóctonas. Non podemos esquecernos delas, porque o monte non esquece. 


Por iso quixemos presentárvolas coa súa fotografía e a súa descrición botánica. Son tan nosas que aparecen ás millentas en ditos e refráns populares e serviron de fonte de inspiración para moitos dos nosos poetas xa dende a Idade Media. 


Tamén penduran desta árbore poemas nos que a presenza de árbores e outras plantas galegas reflicte esa unión coa terra e a paisaxe. A mesma relación está recollida nos ditos populares e saberes tradicionais relacionados cos vexetais que podemos desfrutar.


Comentarios